top of page

O Pino organiza charlas nas parroquias coa Garda Civil con consellos de seguridade para maiores

Celebraranse no mes de xuño naqueles locais sociais onde haxa un maior número de inscricións


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino, en colaboración coa Garda Civil e o Ministerio do Interior, vai organizar durante o mes de xuño un ciclo de charlas informativas para previr e mellorar a seguridade das persoas maiores. Un axente da garda civil será o encargado de facilitar consellos aos asistentes para evitar riscos no domicilio ou na vía pública, estafas, roubos e furtos, accidentes ou como facer fronte a situacións de maltrato ou abandono.

Promovido pola Concellaría de Cultura, este ciclo de charlas celebrarase os días 6, 9 e 13 de xuño, con dúas sesións cada tarde (16:30 e 18:30 horas) naqueles locais sociais das parroquias nas que haxa un maior número de inscricións.

As persoas interesadas en participar nestas charlas deberán anotarse previamente, ben persoalmente na casa de cultura, ou chamando ao teléfono 981 511 065 antes do vindeiro lunes 30 de maio. Unha vez pechado o prazo de inscricións daranse a coñecer os lugares nos que se van celebrar estas charlas informativas.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page