O Pino cédelle á Consellería unha parcela en Arca para construír ata 9 vivendas protexidas
- Laura Moure

- hace 15 horas
- 2 Min. de lectura
A Xunta ten outra parcela pegada de 240 metros, polo que entre as dúas se poden construírse ata 15 vivendas protexidas
Laura Moure/O Pino
O alcalde do Pino, Manuel Taboada, asinou este martes o convenio coa conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, polo que o Concello pon a disposición da Xunta unha parcela no Pedrouzo para construír ata 9 vivendas protexidas. O obxectivo do programa é axilizar a construción de novas vivendas tanto en réxime de venda como en alugueiro. No acto estivo presente o secretario xeral técnico da Consellería, Yago Borrajo.

O convenio asinado permitiralle á Xunta sacar a concurso público en réxime de libre concorrencia esta parcela de titularidade municipal para a construción de fogares protexidos que poderían ser tanto en réxime de alugueiro como de venda. Ademais, deste
xeito, facilitarase a información aos promotores, cooperativas e á cidadanía, en xeral,
sobre os solos dispoñibles.
O Goberno galego, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), tamén se encargará da redacción dos pregos de bases, os anuncios de licitación, a mesa de
contratación e a valoración técnica das ofertas, de maneira que o Concello só terá que
ditar a resolución de adxudicación, ademais de participar na mesa de contratación. Cómpre lembrar que o IGVS é titular doutra parcela contigua no Pedrouzo, prevendo
incluíla nun concurso de adxudicación de solo.
O acordo de onte súmase aos doutros concellos como Ordes, As Pontes de García Rodríguez, A Arnoia, Friol, Valdoviño ou O Valadouro. A Xunta está a manter contacto con
outros municipios interesados en adherirse a este programa cuxo prazo para incorporarse
permanecerá aberto indefinidamente.
No pleno celebrado o pasado 29 de outubro, o Concello do Pino aprobara por unanimidade cederlle ao IGVS esta parcela de 375 metros cadrados, que está situada fronte ao antigo centro de saúde, na avenida de Lugo. Pegada a esta, a Xunta ten outra parcela de 240 metros cadrados.
As dúas parcelas xuntas teñen unha edificabilidade máxima de 1.306 metros cadrados, distribuídos en baixo, dúas plantas e baixo cuberta e nelas poderían construír ata 15
vivendas protexidas
Gabinete de Comunicación
629 138 580 • 604 042 615
Concello de O Pino • Rúa do Concello s/n • 15821 Pedrouzo, Arca (O Pino) • www.opino.gal • correo@opino.gal • Tel. 981 511 002
Manuel Taboada lembra que “con esta cesión, o Concello vai favorecer que se constrúan 15
vivendas de promoción pública no Pino, o que vai permitir que xente moza poida acceder a
súa primeira vivenda”.
Publicidade
ampionato de España, mentres que na Internacional farano para o Campionato Internacional. Ademais, estas
Publicidade
Nas Exposicións Nacionais os cans obterán puntos para o Campionato de España, mentres que na Internacional farano para o Campionato Internacional. Ademais, estas








Comentarios