top of page

O Pino convoca un ano máis o concurso de postais de Nadal para escolares do municipio

Repartirá premios en libros e material escolar aos mellores traballos en cinco categorías establecidas por idades


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino convoca a vixésimo primeira edición do seu tradicional concurso de postais de Nadal, no que poderán participar todos os escolares do municipio que cursen educación infantil, primaria e secundaria. Teñen de prazo ata o luns 4 de decembro para presentar as súas propostas.

Imaxe da Aula de 4 anos da clase da profesora Susana que foi a gañadora o pasado ano na categoría de Educación Infantil

O concurso de postais de Nadal, que ten como obxectivo fomentar as artes plásticas e

difundir as tradicións do Pino, convida ao alumnado do municipio a facer unha composición centrada na celebración destas festas. Poderán utilizar calquera técnica cos únicos requisitos de que sexan orixinais e inéditos, teñen un tamaño máximo Din-A4 e leven a inscrición “O Pino. Bo Nadal e feliz 2024”.


Publicidade


Cinco categorías

Establécense un total de cinco categorías, divididas por idades: educación infantil, 1º e 2º de primaria, 3º e 4º de primaria, 5º e 6º de primaria e educación secundaria. Os traballos, que poden facerse tanto individualmente como en grupo, poderán presentarse ata o luns 4 de decembro.


Publicidade

Para a presentación, cada alumno/a ou grupo fará figurar na súa postal un número que lle asignara o seu titor, así como o curso e a idade do/s participantes. Este debuxo gardarase nun sobre pechado que levará o mesmo número asignado e que se acompañará, nun segundo sobre, do formulario Anexo I debidamente cuberto. Finalmente, serán os propios centros escolares -CPI Camiño de Santiago e Escola Unitaria de Gonzar- os que se encarguen de presentalos no Rexistro Xeral do Concello do Pino.


Os gañadores do concurso daranse a coñecer a partir do 11 de decembro e os premios, que se entregarán o día da cabalgata de Reis, consistirán en lotes de libros e material escolar.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page