top of page

O Pino clausura os programas de conciliación do verán cunha festa chea de diversión e creatividade

Inchables, espectáculos e un mural colaborativo puxeron o broche final á Escola de Verán e a Viaxando coa cativada


Laura Moure/O Pino

ree

O Concello do Pino celebrou o pasado venres a festa de clausura da Escola de Verán nas instalacións exteriores do CPI Camiño de Santiago. O acto contou coa presenza do alcalde, Manuel Taboada, e dos concelleiros José Fuentes e Borja Castro, que compartiron cos nenos e as familias unha xornada marcada pola alegría e a creatividade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A festa foi o punto final non só da Escola de Verán, senón tamén do programa Viaxando coa cativada, iniciativas que durante estes meses ofreceron alternativas de lecer e de conciliación para numerosas familias do municipio. Os máis pequenos gozaron dunha tarde chea de enerxía nos inchables e tiveron a oportunidade de mergullarse no espectáculo Os ourizos, un conto de corresponsabilidade que fixo reflexionar a público de todas as idades.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As familias participantes tamén puideron descubrir, a través da decoración, o traballo e as

creacións realizadas polos seus fillos ao longo do verán. Como colofón, nenos e maiores participaron na elaboración dun mural colaborativo que tiña como fío condutor a corresponsabilidade. A clausura converteuse así nun momento de encontro e celebración

que deixou tras de si recordos, amizades e experiencias que acompañarán ás familias ata o vindeiro verán.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page