top of page

O Pino celebra o sábado 20 de decembro a súa VI Festa de Nadal

Familias e cativada poderán gozar con obradoiros, música tradicional e chocolate con churros

Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino celebra o sábado 20 de decembro a VI Festa de Nadal, coincidindo co comezo das vacacións escolares. A celebración, xa consolidada no calendario festivo do municipio, terá lugar na carpa instalada na Praza do Concello, onde familias e cativada poderán gozar dunha tarde chea de actividades.

A festa comezará ás 16:00 horas cun amplo abano de obradoiros creativos que se desenvolverán ata as 19:30 horas e no que as persoas participantes poderán elaborar

bonecos e árbores de Nadal, ademais de bólas e coroas decorativas.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Como broche final, a partir das 19:30 horas, a agrupación Reviravolta de Lardeiros animará a tarde con panxoliñas e música tradicional. Durante a actuación, o

Concello ofrecerá a todos os asistentes chocolate con churros que nos axudará a combater o frío.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O Concello do Pino convida a toda a veciñanza a participar nesta xornada de convivencia,

creatividade e celebración do espírito do Nadal.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page