top of page

O Pino celebra o domingo 20 de setembro a XXI Carreira Pedestre Popular

A inscrición está aberta ata o día 16

Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino celebrará o domingo 20 de setembro a vixésimo primeira edición da Carreira Pedestre Popular, unha cita deportiva aberta a atletas de diferentes idades que volverá ter a saída e a meta na praza de Forcarei, en Arca.


A primeira saída darase ás 10:00 horas e corresponderá á categoría absoluta, cuxas persoas participantes deberán completar un percorrido de oito quilómetros. As seguintes probas desenvolveranse de maneira consecutiva ata as 12:10 horas, cando tomarán a saída as nenas e os nenos menores de seis anos, que percorrerán uns 340 metros.

Organizada polo Concello do Pino baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a proba forma parte do XII Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.


A inscrición deberá facerse na web carreirasgalegas.com (neste enlace) antes das 23:59 horas do mércores 16 de setembro. Será gratuíta para categorías escolares (de Sub-6 a Sub-18) mentres que nas categorías de adultos (de Sub-20 a máster) deberán aboar 5 euros. A recollida de dorsais será na secretaría técnica (situada na praza de Forcarei) ata 30 minutos antes da saída. O regulamento da proba pódese consultar na mesma paxina web da inscrición (neste enlace).

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Na XXI Carreira Pedestre Popular do Pino poderán participar atletas federados e non federados, cunha única clasificación conxunta. O control das diferentes probas estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.


A diversidade de distancias e categorías permitirá que persoas de todas as idades formen parte da xornada, desde atletas adultos ata as nenas e os nenos que darán os seus primeiros pasos neste tipo de competicións.


Trofeos e medallas

O Concello do Pino entregará trofeos aos tres primeiros e ás tres primeiras persoas clasificadas das diferentes categorías, agás na Sub-6, na que non haberá clasificación nin premios.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Tamén recibirán un trofeo o primeiro e a primeira atleta local, empadroados no concello do Pino, das categorías escolares comprendidas entre Sub-8 e Sub-18. Os trofeos non serán

acumulativos, salvo os correspondentes ás e aos atletas locais.


Todas as persoas participantes nas categorías escolares comprendidas entre Sub-6 e Sub-12 recibirán unha medalla como recoñecemento á súa participación.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page