top of page

O Pino celebra a Carreira Popular o domingo día 21 con saída e meta na Praza de Forcarei

Na categoría absoluta as persoas participantes deberán percorrer 8 quilómetros e os menores de 6 anos uns trescentos metros


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino organiza o domingo 21 de setembro a vixésima edición da Carreira pedestre popular, que terá un percorrido de 8 quilómetros para a categoría absoluta e duns 340 metros para menores de seis anos. A primeira saída darase ás 10:00 horas na praza de Forcarei (Arca), onde tamén está situada a meta. Recibirán trofeos os tres primeiras persoas clasificadas en cada unha das categorías e medallas para os nenos e nenas das categorías escolares.

ree

Organizada polo Concello do Pino baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, esta proba pertence ao XI Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña. Na XX Carreira Pedestre Popular do Pino poderán participar atletas federados e non federados e haberá unha soa clasificación conxunta. O control da proba estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.


A inscrición deberá facerse na web carreirasgalegas.com (neste enlace) antes das 23:59

horas do mércores 17 de setembro. Será gratuíta para categorías escolares (de Sub-6 a Sub-18) mentres que nas categorías de adultos (de Sub-20 a máster) deberán 5 euros. A recollida de dorsais será na secretaría técnica (situada na praza de Forcarei) ata 30 minutos antes da saída. O regulamento da proba pódese consultar na mesma paxina web da inscrición (neste enlace).


 Publicidade

ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.
ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.

A saída da categoría absoluta (maiores de 18 anos) será ás 10:00 horas, e as seguintes iranse facendo de xeito consecutivo ata ás 12:10, cando comezarán a correr as persoas

participantes menores de seis anos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concello entregará trofeo para os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas das

diferentes categorías, agás na categoría Sub-6 (neste non haberá clasificación nin premios). Tamén haberá trofeo para o primeiro e a primeira atleta local empadroados no concello do Pino das categorías escolares (de Sub-8 ata Sub-18), entre outras premiacións. Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes aos e ás atletas locais. Haberá medallas para todas as persoas participantes nas categorías escolares entre Sub-6 e Sub-12.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page