O Pino activa unha campaña de visibilización e formación para conmemorar o 25N
- Laura Moure

- hace 8 minutos
- 1 Min. de lectura
A mensaxe ‘Non é mulleres contra homes. É todo o mundo contra o maltrato’ centra a campaña deste ano
Laura Moure/Silleda

O Concello do Pino desenvolve estes días varias iniciativas con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O obxectivo é reforzar a conciencia social e promover a implicación da veciñanza na defensa da igualdade.
As rúas do municipio incorporan bandeirolas e carteis coa mensaxe Non é mulleres contra
homes. É todo o mundo contra o maltrato así como pancartas que reforza esta liña de
visibilización.
Na entrada da Casa Consistorial instalouse ademais un panel de gran formato con diferentes frases que convidan á reflexión. Estas intervencións forman parte da campaña de sensibilización impulsada polo municipio ao longo destas datas.
Publicidade
O luns día 24 terá lugar unha acción dirixida aos centros educativos. O alumnado de 4º da
ESO participará na actividade Hai saída grazas a ti. A sesión contará cunha duración
aproximada de noventa minutos e combinará debates, dinámicas participativas e contidos
específicos sobre a violencia de xénero, os seus tipos, os mitos asociados e as consecuencias que produce. Inclúense actividades para identificar relacións sans e sinais de alerta, ademais de información sobre recursos e orientación ante posibles situacións de risco.
Publicidade
Con estas iniciativas o Concello busca educar, visibilizar, ofrecer ferramentas prácticas á mocidade e fomentar espazos de participación que contribúan a unha comunidade máis igualitaria e segura, consciente da importancia de erradicar a violencia de xénero.








Comentarios