top of page

O Pino abre ata o 2 de decembro o concurso de postais de Nadal para escolares do municipio

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Premiará os mellores traballos de cada unha das cinco categorías


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino convoca un ano máis o seu tradicional concurso de postais de Nadal, dirixido a todo o alumnado do CPI Camiño de Santiago e da Escola Unitaria de Gonzar, así como á rapazada en idade escolar empadroada no Concello. Os traballos poderán presentarse ata o luns 2 de decembro.


O concurso de postais de Nadal chega á súa 22 edición mantendo o espíritu de fomentar as artes plásticas e difundir as tradicións do Pino entre a cativada do municipio. Aquelas

nenas e nenos que queiran participar deberán facer unha composición centrada na

celebración destas festas e poderán utilizar calquera técnica cos únicos requisitos de que o seu traballo sexa orixinal e inédito, teña un tamaño máximo Din-A4 e leve a inscrición “O

Pino. Bo Nadal e feliz 2025”.

Establécense un total de cinco categorías, divididas por idades: educación infantil; 1º e 2º

de primaria, 3º e 4º de primaria, 5º e 6º de primaria e educación secundaria.


Os traballos, que poden facerse tanto individualmente como en grupo, poderán presentarse no Rexistro Xeral ou por sede electrónica ata o luns 2 de decembro. Para a

presentación, cada alumno/a ou grupo fará figurar na súa postal un número que lle asignara o seu titor, así como o curso e a idade do/s participantes. Este debuxo gardarase

nun sobre pechado que levará o mesmo número asignado e que se acompañará, nun

segundo sobre, do formulario Anexo I debidamente cuberto. Os centros escolares -CPI 

Camiño de Santiago e Escola Unitaria de Gonzar- encargaranse de presentar no Rexistro

Xeral os que alí se entreguen.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os gañadores do concurso daranse a coñecer a partir do 9 de decembro e os premios, que se entregarán o día da cabalgata de Reis, consistirán en lotes de libros e material escolar valorados nos seguintes importes: 41,85 euros na categoría de educación infantil; 51,60 euros no primeiro ciclo de primaria; 34,90 euros no segundo ciclo; 22,45 euros no terceiro; e 34,01 en secundaria. Haberá un premio por categoría.


O documento coas bases e co formulario anexo que hai que cubrir para acompañar a postal que se presenta a concurso pode descargarse na páxina web do Concello do Pino:

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page