O piloto palense Luis Vilariño correrá con Enrique Velasco no Rally Sur do Condado
- ecosdacomarca

- hace 12 minutos
- 2 min de lectura
Envía unha mensaxe de forza a Álvaro Muñiz e a Néstor Casal, tras o grave accidente da pasada fin de semana
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Chega unha das citas máis duras, calorosas e esixentes do calendario autonómico: o Rally Sur do Condado que se disputa este sábado 11 de xullo. Tras o prematuro abandono en Pontevedra, o Vilariño Team acode a esta quinta proba do ano coas ganas renovadas, o Skoda Fabia R5 Evo revisado a conciencia, "e decididos a pelexar de ti a ti cos equipos de cabeza".

A preparación desta carreira veu marcada polos acontecementos da pasada fin de semana, que obrigaron a reestruturar os plans do equipo. Aínda que inicialmente estaba previsto que Néstor Casal se sentase á dereita, finalmente será Enrique Velasco quen asuma os labores de copilotaxe nesta esixente cita.
PUBLICIDADE
Antes de afrontar o estritamente deportivo, o piloto palense Luis Vilariño quixo enviar unha mensaxe de forza moi especial: "Esta foi unha semana difícil para todos os que formamos parte deste deporte. Quero mandar todo o meu apoio e un abrazo enorme a Álvaro Muñiz e a Néstor Casal, que son grandes amigos e mellores compañeiros deste deporte. En momentos así, as carreiras pasan a un segundo plano, e o único que importa é que se recuperen o mellor e máis rápido posible. Correremos esta fin de semana pensando neles".
PUBLICIDADE
No tocante ao rali, as estradas do sur da provincia de Pontevedra poñerán a proba a resistencia das mecánicas e dos equipos debido ás altas temperaturas habituais da zona. Luis Vilariño destaca que "o Sur do Condado sempre é un rali de supervivencia, moi longo, técnico e onde a calor xoga un papel fundamental. Tras o descarte da última proba, non podemos permitirnos máis fallos se queremos manternos na pomada do campionato. Imos saír a por todas desde o primeiro tramo do sábado para intentar brindar un bo resultado aos nosos patrocinadores e a toda a afección que se desprace aos tramos".
PUBLICIDADE
Cabe mencionar que Vilariño ocupa o terceiro posto na clasificación do Campionato Galego de Ralis.









Comentarios