top of page

O piloto palense Luis Vilariño compite hoxe no Rallye Montaña Central

Faino a bordo dun Škoda Fabia Rally2 xestionado polo equipo Costas Racing e con David Míguez como copiloto


Ecos da Comarca/Boimorto

O piloto de Palas de Rei Lui Vilariño volverá poñerse ao volante na antepenúltima cita do Campionato de Asturias de Rallies, o Rallye Montaña Central, onde competirá a bordo dun Škoda Fabia Rally2 xestionado polo equipo Costas Racing e con David Míguez como copiloto.

ree

O obxectivo principal de Vilariño será recuperar sensacións tras case un ano de inactividade, pensando xa no Rallye San Froilán, que se disputará quince días máis tarde e que pechará o Campionato Galego de Rallies.


 PUBLICIDADE

ree

A proba asturiana, con epicentro en Mieres, celebrarase integramente hoxe, sábado, con oito tramos cronometrados que sumarán algo máis de 90 quilómetros, tras as verificacións e a cerimonia de saída que tivo lugar o venres.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Luis Vilariño, ilusionado na previa: “A ilusión de volver competir tras case un ano de descanso é enorme. A espiral sempre está aí e quería estar presente na carreira de casa, o San Froilán, que ademais pechará o campionato galego. Fixemos un test en Llanes para quitarnos un pouco o óxido e sentinme moi cómodo, mellorando tras cada pasada. O obxectivo desta fin de semana non é outro que gozar do coche, da afección asturiana e dunha proba tan bonita como o Montaña Central, onde nunca competín e que seguro será un bo reto e preparación para o Rallye San Froilán.”



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page