O piloto de Palas Luis Vilariño abandona no rali Sur do Condado debido a unha saída de vía
- ecosdacomarca

- hace 11 horas
- 2 min de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
O Rali Sur do Condado saldouse cun amargo abandono para o Vilariño Team. O equipo viu truncada a súa carreira no último tramo do bucle matinal debido a unha saída de pista que os deixou fóra da competición cando pelexaban na zona alta da clasificación. A mellor noticia da xornada foi a integridade física dos deportistas.

Afortunadamente, tanto o piloto palense Luís Vilariño como Kike Velasco saíron completamente ilesos do contratempo, quedándose todo nun susto dentro da esixencia habitual dunha das citas máis duras do Campionato Galego de Ralis. Tras revisar o vehículo, os mecánicos confirmaron que os danos estruturais no Skoda Fabia R5 Evo non son de gravidade.
PUBLICIDADE
Co parón estival ao virar a esquina, a estrutura aproveitará as próximas semanas para tomarse un merecido descanso, reparar o coche sen présas e traballar a fondo para telo ao 100% para a segunda metade do ano.
PUBLICIDADE
"Foi unha mágoa porque viñamos facendo un rali sólido nunha mañá moi dura pola calor, pero unha saída de pista no último tramo do bucle deixounos fóra. O máis importante, sen dúbida, é que tanto Kike como eu estamos perfectamente. As carreiras teñen estas cousas e hai que asumilas. Por sorte, o Skoda non ten tantos danos, o que nos dá tranquilidade. Agora o equipo tomarase unhas semanas de vacacións para desconectar e recargar forzas. A partir de setembro volveremos con máis enerxía que nunca; o obxectivo segue sendo traballar duro para ter o coche a punto tras o verán e poder acabar a tempada loitando polos postos de cabeza do certame", salienta Vilariño.








Comentarios