top of page

O palense Luis Vilariño e David Míguez asinan unha vitoria incontestable no Rallysprint de Castropol

hace 6 minutos
1 min de lectura

Laura Moure/Palas de Rei

Regreso triunfal ás carreiras para o Vilariño Team. Luis Vilariño e David Míguez completaron unha actuación impecable esta fin de semana no Rallysprint de Castropol, adxudicándose a vitoria absoluta tras marcar o scratch en cada unha das tres pasadas ao tramo cronometrado.

Trátase da segunda ocasión na que o piloto palense sobe todo o máis alto do podio nesta emblemática proba asturiana. Desde os primeiros metros, a dupla demostrou un ritmo endiañado ao volante do Skoda Fabia R5 Evo, aproveitando os máis de 30 quilómetros de competición para afinar axustes e certificar as excelentes sensacións do vehículo tras o parón estival.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Este triunfo supón o espaldarazo definitivo de moral e ritmo de carreira para o seu próximo compromiso: o Rallye San Froilán, cita de casa do Campionato Galego que se disputará a próxima fin de semana e onde o equipo acudirá coa máxima motivación para pelexar polos postos de honra.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

"Non podiamos pedir un regreso mellor tras o descanso estival. O coche funcionou á perfección durante todo o día e con David nas notas tivemos unhas sensacións altísimas desde o primeiro tramo. Gañar en Castropol por segunda vez é unha alegría enorme, pero sobre todo quedámonos co ritmo e a confianza que recuperamos. Serviranos como un impulso magnífico para chegar ao 100% ao Rallye San Froilán desta próxima fin de semana, unha proba moi especial onde sairemos a por todas ante a nosa afección", destaca Luis Vilariño.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page