top of page

O palense Luis Vilariño consolida a súa 2ª praza no Campionato Galego tras un duro Rallye da Mariña

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O palense Luis Vilariño volveu a demostrar a súa regularidade e velocidade na oitava edición do Rallye da Mariña Lucense, logrando unha valiosa terceira posición absoluta. Con este resultado, o equipo suma o seu terceiro podio nas tres carreiras disputadas este ano, un balance que os afianza como segundos clasificados na xeneral do Campionato Galego de Ralis. Neste rali os vecedores foron Alberto Meira – Avelino Martínez e no segundo posto quedaron Daniel Berdomás – Brais Mirón.

A cita lucense non foi sinxela para o binomio formado por Vilariño e Néstor Casal. Nun rali marcado pola dureza dos tramos e un ritmo altísimo nos postos de cabeza, o equipo chegou a rodar na segunda posición durante gran parte da xornada. Con todo, a esixencia da proba e algún que outro "susto" sen consecuencias obrigaron a manter a cabeza fría para asegurar os puntos.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Finalmente, no último bucle da tarde, non foi posible conter o empuxe do líder do certame, cedendo ese segundo banzo do caixón pero asegurando un terceiro posto fundamental para as aspiracións do equipo a longo prazo.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

"Estamos contentos co resultado, aínda que foi un rali moi complicado. Estivemos a pelexar pola segunda praza durante case toda a carreira, pero no último bucle tivemos que ceder; o ritmo do líder agora mesmo é moi alto e nós tivemos un par de sustos que nos fixeron ser algo máis conservadores para non arruinar o traballo de todo a fin de semana", recalca que engade que "sumar tres podios en tres carreiras é un comezo de tempada fantástico e danos moita moral para seguir traballando. Sabemos que aínda temos marxe de mellora e traballo por diante para estar un paso máis preto da vitoria. Agora xa temos a mirada posta na seguinte cita para intentar recortar distancias e seguir pelexando de ti a ti cos de arriba".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page