O ovo cáscara pasteurizado de Granjas Campomayor de Palas, galardonado por terceira vez
- ecosdacomarca

- 15 jun
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
A empresa Granxas Campomayor de Palas de Rei vén de ser galardoada co Premio Galicia Alimentación 2026 ao produto innovador na categoría de Alimentos e Bebidas, tal e como informa o propio Concello.

PUBLICIDADE
O Clúster Alimentario de Galicia recoñeceu o valor disruptivo e innovador do ovo cáscara pasteurizado de Campomayor, que recibe por terceira vez este galardón e consolídase como un referente de vangarda en I+D+I do sector.
PUBLICIDADE
O alcalde de Palas, Pablo Taboada, traslada os parabéns a Granxas Campomayor "polo recoñecemento acadado, que distingue a excelencia e a innovación feita dende Palas de Rei polo equipo técnico e humano desta empresa referente en Galicia".








Comentarios