O nacionalista José Ángel Penas gaña as eleccións en Toques
- Laura Moure / IsmaelRS
- 28 may 2023
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/IsmaelRS/Toques
ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023. RESULTADOS
Despois da intensa campaña electoral, hoxe, domingo, foi a quenda dos veciños. Co seu voto decidiron en toda España quen ocupará a súa Alcaldía ao longo destes vindeiros catro anos. Os centos de veciños das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa pasaron polas urnas. Cabe mencionar que en total nos 17 municipios había 60 candidaturas.
José Ángel Penas do BNG seguirá ocupando o sillón da Alcaldía de Toques. Así o decidiu a cidadanía e desta volta, por maioría absoluta.

Os RESULTADOS son:
BNG (6 concelleiros)
PP (2 edís)
PSOE (1 concelleiro).
No caso de Toques optaban a Alcaldía estas tres candidaturas: BNG, PSOE e PP. Poden consultarse as listas no seguinte enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/tres-candidaturas-aspiran-%C3%A1-alcald%C3%ADa-de-toques
Comments