O director xerente da Área de Xestión Corporativa da CRTVG pronunciará o seu pregón este xoves día 28
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso anuncia que o monterrosino Miguel Rodríguez Barrio será o pregoeiro das Festas do SanMiguel 2023. O director xerente da Área de Xestión Corporativa da CRTVG pronunciará o seu pregón este xoves día 28 ás 21:00 horas na Casa Consistorial.
Rodríguez Barrio é economista e doutor e ocupou diferentes postos directivos na empresa privada e na administración pública autonómica.O Goberno local valora a súa traxectoria profesional e destaca que se trata “dun veciño de Monterroso que leva o nome do noso Concello con afecto e conserva casa na vila, á que volve sempre que pode”.
Publicidade
O pregón de Rodríguez Barrio marcará o inicio de catro días de Festas do San Miguel 2023. Tras a súa intervención, á que o Concello de Monterroso convida a asistir a todos os veciños e veciñas, actuará Verónica Cambón a partir das 22:30 horas e a Orquestra Panorama.
Publicidade
As Festas seguen ata o domingo con diferentes propostas musicais e de ocio, con misas e procesión, concertos, verbenas e fogos de artificio. O domingo celebrarase o día do neno e haberá un partido de fútbol entre o S.D. Monterroso e o Santaballés ás 17:00 horas.
Comments