O monterrosino Diego Rodríguez Vázquez acada un 9,55 nas probas da PAU
- ecosdacomarca

- hace 37 minutos
- 1 min de lectura
Ocupa o 3º posto no ránking de mellores notas da provincia de Lugo e o 15 a nivel galego
Ecos da Comarca/Monterroso
O alcalde de Monterroso, Eloy Péréz, vén de recibir na Casa Consistorial a Diego Rodríguez Vázquez, o mozo natural de San Pedro de Frameán que acadou un 9,55 nas probas da PAU. Con este resultado, Diego ocupa o 3º posto no ránking de mellores notas da provincia de Lugo e o 15 a nivel galego.

PUBLICIDADE
O rexedor quixo felicitalo por estes grandes resultados académicos, ao tempo que lle fixo entrega de dous agasallos institucionais; unha placa do Concello e un libro do Códice Calixtino. Diego agradeceu o detalle e explicou que lle fixo "moita ilusión".
PUBLICIDADE
O mozo realizou os seus estudos no IES Lama das Quendas de Chantada, onde reside cos seus pais, aínda que foi criado en Monterroso onde segue pasando parte do seu tempo. Ten previsto estudar Historia e Relacións Internacionais en Madrid. O mandatario desexoulle moita sorte.








Comentarios