top of page

O Leboreiro, en Melide, acollerá o día 12 de xullo un encontro de profesionais pola defensa do territorio

Ecos da Comarca/Melide

O vindeiro sábado 12 de xullo terá lugar no Leboreiro (Melide) un encontro de profesionais pola defensa do territorio. A xornada incluirá un concentración, unha andaina polo Camiño de Santiago, a lectura dun manifesto e un xantar popular. O evento será conducido polo actor, director, adaptador teatral e narrador galego Quico Cadaval.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Hai uns meses un grupo de arquitectas e arquitectos iniciamos un traballo de reflexión

sobre o modelo de desenvolvemento territorial do noso país e o dano que provocaría

no noso territorio a implantación dunha industria como a proposta na comarca da

Ulloa. A raíz das reflexións iniciais abrimos o proceso a outros colectivos profesionais,

docentes e investigadores que tamén traballan no estudo, ordenación, coidado,

salvaguarda e protección do territorio e elaboramos un “Manifesto pola Defensa do

Territorio” que presentaremoslle á veciñanza das terras da Ulloa, da ría de Arousa e

da ría de Pontevedra o sábado 12 de xullo", explican.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Para ese día, convocamos un roteiro por un tramo do Camiño de Santiago ata o lugar

de Leboreiro no concello de Melide e un encontro nese lugar emblemático, con todos

os colectivos que están loitando en Defensa da Ulloa, do río Ulla, da ría de Arousa,

da ría de Pontevedra e do noso territorio en xeral", engaden.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page