top of page

O lalinense Román Santalla recibe un dos Premios Especiais 2025 da Fundación de Estudios Rurais

Laura Moure/Lalín

A Fundación de Estudos Rurales, que concede desde o ano 2000 os seus premios a persoas e institucións destacadas no seu papel de defensa do medio rural, fixo públicos os galardóns de categoría especial. Neste 2025, resultarán premiados o exsecretario xeral de UPA, Lorenzo Ramos; o líder gandeiro lalinense Román Santalla e Fademur, que celebra este ano o seu vixésimo aniversario.

Lorenzo Ramos, Román Santalla, Fademur reciben estes premios. Fonte: UPA.
Lorenzo Ramos, Román Santalla, Fademur reciben estes premios. Fonte: UPA.

Premio ao “histórico” Lorenzo Ramos Lorenzo

Ramos é unha das personalidades máis coñecidas, recoñecidas e respectadas na loita polos dereitos da agricultura e a gandería en España. Foi elixido secretario xeral de UPA Badaxoz en 1989. En 1999 foi votado como secretario rexional de UPA Estremadura e en 2004 foi designado como secretario xeral de UPA Federal, sendo reelixido cinco veces ata 2025.


A Fundación cualificou a Lorenzo como “un home íntegro, progresista e valente. Unha persoa con profundos valores que soubo aplicar á súa vida e ao seu traballo para mellorar a vida dos seus compañeiros e compañeiras”. Lorenzo Ramos presidiu a Fundación de Estudos Rurais, a axencia de cooperación ao desenvolvemento ACODEA e impulsou a creación de Fademus Tamén foi vicepresidente do Comité das Organizacións Profesionais Agrarias europeo. “Cargos de gran importancia, desde os que loitou sempre pola agricultura familiar e pola igualdade, sen deixar de estar nunca a pé de campo”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Román Santalla, toda unha vida en defensa da gandería

O gandeiro e líder histórico de Lalín (Pontevedra), Román Santalla, recollerá un dos premios especiais da Fundación de Estudos Rurais 2025. Santalla é gandeiro de vacún de leite e dedicou a súa vida para loitar polos dereitos dos seus compañeiros e compañeiras, reivindicando, dialogando e negociando en reunións ao máis alto nivel.


Román Santalla é unha figura indiscutible do sindicalismo agrario das últimas décadas. Sen o seu labor, grandes logros do sector como a Lei da Cadea Alimentaria, non se farían realidade. O sector lácteo, á fronte de cuxas reivindicacións estivo sempre Román, foi punta de lanza da loita dos agricultores e gandeiros para obter prezos xustos.


“Román foi e é un loitador incansable pola gandería en España, unha actividade sostible e que debe ser rendible para garantir o seu adecuado desenvolvemento, ideas que sempre defendeu desde o seu traballo en Unións Agrarias, en UPA, na súa cooperativa Cobideza ou na Interprofesional Láctea INLAC”, que presidiu.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

20º Aniversario de Fademur

Fademur naceu en 2004 grazas ao impulso de mulleres do ámbito da agricultura, gandería e do medio rural en xeral de distintos puntos de España, convencidas da necesidade da creación dunha gran federación que aglutinase e canalizase as súas demandas e reivindicacións en pos da igualdade.


Nestes anos, miles de mulleres que viven e traballan no medio rural en España conforman hoxe a maior federación de asociacións de mulleres do ámbito rural: Fademur. Nestas dúas décadas, as mulleres que conforman a Federación contribuíron a facer avanzar aos pobos e os seus habitantes, desmontando tópicos, dando visibilidade á realidade plural do medio rural e conseguindo grandes logros que beneficiaron a miles de mulleres, homes e familias.


Fademur segue traballando hoxe, vinte anos despois, baixo os lemas “xuntas somos máis fortes” e “igualdade e progreso para as mulleres rurais”. “Frases que esconden ideas de enorme importancia e que resumen un obxectivo fundamental: que ningunha nena ou muller deba abandonar o seu pobo para desenvolver o seu proxecto de vida en liberdade”, destacou a Fundación de Estudos Rurais.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page