Laura Moure/Palas de Rei
A Consellería do Medio Rural informou esta tarde (17:00 horas) de que os incendio forestal rexistrado no concello de Palas de Rei quedou controlado.
O lume de Palas de Rei, parroquia de Orosa, quedou controlado ás 16:35 horas desta tarde. Iniciouse onte ás 16:21 horas e segundo as últimas estimacións a superficie afectada rolda as 125 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 3 técnicos, 19 axentes, 20 brigadas, 16 motobombas, 3 pás, 4 avións e 5 helicópteros.
Publicidade
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de
teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.
Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade
delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo,
toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta
aberta de twitter: @incendios085.
NOTICIA RELACIONADA:
A noticia sobre este incendio publicada na mañá do sábado: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-lume-forestal-calcina-unhas-80-hect%C3%A1reas-na-parroquia-palense-de-orosa
Comments