O III Slalom Centro Xeográfico de Galicia Antas de Ulla disputarase o 4 de xullo
- ecosdacomarca

- hace 1 día
- 1 min de lectura
A cita deportiva contará con 52 participantes
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
O Concello de Antas de Ulla acollerá este sábado 4 de xullo o III Slalom Centro Xeográfico de Galicia Antas de Ulla.

PUBLICIDADE
A alcaldesa, Pilar García Porto, presentou onte formalmente no Concello esta nova edición dunha proba que xa se está consolidando como unha cita destacada do motor galego. Este ano haberá 52 participantes e o trazado será igual ao da edición pasada.
PUBLICIDADE
"Será unha xornada para gozar do deporte, da emoción e do bo ambiente en Antas de Ulla. Desde o Concello agardamos que todo saía moi ben e que pilotos, equipos, veciños, veciñas e visitantes marchen contentos de vivir esta experiencia no centro xeográfico de Galicia", recalca a mandataria.








Comentarios