O III Desfile de Moda da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa celebrarase o 16 de maio
- Laura Moure

- 25 abr
- 1 Min. de lectura
Nesta ocasión participarán 12 establecementos do Centro Comercial Aberto
Laura Moure/Arzúa
A terceira edición do Desfile de Moda da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa celebrarase o sábado 16 de maio, ás 19:00 horas, no Multiusos Terra do Queixo, con entrada gratuíta para que veciñanza e visitantes poidan coñecer as propostas da nova colección primavera–verán do comercio local.

Nesta ocasión participarán 12 establecementos do Centro Comercial Aberto de Arzúa, que
amosarán as tendencias da nova temporada: Mía María, Carola Moda, Moda Sari, MD Lencería e Fogar, Boutique Anduriña, Miss Zapatos, Estrenas Zapatería, Calzados Iglesias,
Arroupadiños, Novavisión Óptica, Mi Tata e Chorima Perfumería.
PUBLICIDADE
A xornada contará con música, sorteos, agasallos e outras sorpresas. Unha tarde pensada para desfrutar da mellor pasarela de moda da contorna e para apoiar o comercio local de Arzúa.
Desde a AECA subliñan a importancia de organizar eventos deste tipo para que “a veciñanza da vila e da comarca, así como as persoas que nos visitan, poidan descubrir os produtos e tendencias da nova temporada dispoñibles nos nosos establecementos de proximidade”.
PUBLICIDADE
Ademais, aproveitan para “convidar a todas e todos a achegarse o 16 de maio ao Multiusos Terra do Queixo e desfrutar da moda local”.








Comentarios