top of page

O IES de Arzúa celebrou o Orgullo cunha xornada de reflexión, música e compromiso coa diversidade

A iniciativa, impulsada polo Departamento de Igualdade e Diversidade do centro, contou coa colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Arzúa


Laura Moure/Arzúa

O IES de Arzúa celebrou o venres unha xornada de reivindicación, reflexión e celebración da diversidade con motivo do Día do Orgullo LGTB. A actividade, impulsada polo Departamento de Igualdade e Diversidade do centro, contou coa colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Arzúa. Á actividade asistiron a concelleira de Igualdade, Lucía López, e o concelleiro de Xuventude e Mocidade, Daniel Moscoso, que quixeron acompañar unha iniciativa centrada na educación, no respecto á diversidade e na prevención de calquera forma de discriminación.

A xornada comezou coa lectura dun manifesto a cargo de Xián Senín, exalumno do centro. Durante a súa intervención, puxo en valor a importancia de que existan espazos seguros como os que promove o IES de Arzúa, pero lembrou tamén que moitas persoas LGTB continúan sufrindo discriminacións, insultos e agresións fóra destes ámbitos. Nese sentido, fixo un chamamento a non mirar cara a outro lado, a denunciar estas situacións e a acompañar ás persoas que as padecen.


Posteriormente, a cantautora arzuá MJ Pérez ofreceu un concerto no que reivindicou a importancia do amor, da diversidade e da liberdade para vivir con autenticidade. A artista tamén reflexionou sobre a necesidade de crear referentes LGTB e de combater a invisibilización e os estereotipos que aínda afectan a moitas persoas do colectivo.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Tanto Xián Senín como MJ Pérez trasladaron unha mensaxe de confianza e esperanza á mocidade, animándoa a vivir con liberdade, a recoñecerse sen medo e a defender o dereito de todas as persoas a ser respectadas.


A concelleira de Igualdade, Lucía López, destacou que “desde o Concello de Arzúa sentímonos honradas de colaborar co IES de Arzúa na conmemoración do Día do Orgullo LGTB. Cremos firmemente que o ámbito educativo é fundamental para promover valores de respecto, igualdade e diversidade, contribuíndo a construír unha sociedade máis inclusiva e libre para todas as persoas”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

López engadiu que “queremos seguir construíndo unha Arzúa orgullosa e diversa” e agradeceu ao IES de Arzúa, ao Departamento de Igualdade e Diversidade e á Biblioteca do centro o seu traballo e implicación para facer posible esta actividade.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page