top of page

O goberno de Monterroso mantén unha rolda de contactos para elaborar os Orzamentos de 2026

A previsión é someter as Contas a votación no Pleno ordinario do vindeiro 4 de decembro


Ecos da Comarca/Monterroso

O equipo de Goberno do Concello de Monterroso está a manter contactos, así como diversas reunións cos distintos grupos políticos no marco da fase de elaboración dos Orzamentos para o ano 2026. O obxectivo principal deste proceso é acadar un documento

orzamentario beneficioso para o municipio, froito do diálogo, da colaboración e da participación activa de todas as representacións políticas da Corporación.

ree

Achegas dos grupos municipais

Durante estas reunións estanse a escoitar as propostas e valoracións dos diferentes grupos políticos, co fin de presentar uns Orzamentos que recollan a pluralidade de visións e necesidades expresadas polos distintos partidos e concelleiros.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Obxectivos dos Orzamentos 2026

O rexedor de Monterroso, Eloy Pérez, subliña que a finalidade deste proceso é elaborar un proxecto de presupostos “que permita completar e reforzar os servizos municipais, mellorar as infraestruturas existentes e garantir que Monterroso continúe nunha senda de crecemento sostido”. Así mesmo, o documento prestará especial atención ao apoio ás inversións estratéxicas e á resposta á realidade económica actual do municipio.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Prioridade en servizos sociais e infraestruturas

O Concello incidirá na importancia de mellorar e consolidar as partidas destinadas a servizos sociais e á mellora de infraestruturas en diversos ámbitos, áreas consideradas prioritarias para asegurar o benestar da veciñanza e impulsar o desenvolvemento local.


A previsión é que o documento que está a elaborar o equipo de Goberno se someta á votación do Pleno ordinario do vindeiro xoves 4 de decembro.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page