top of page

O goberno de Arzúa traballa para que a praza de matrona do centro de saúde sea cuberta por unha profesional o antes posible

Laura Moure/Arzúa

O alcalde de Arzúa, Xoan Xesús Carril, presentou esta mañá un escrito ante a Consellería de Sanidade despois de coñecer de primera man a situación en que se atopa o centro de saúde onde hai días que non se cubre a baixa da matrona.


Publicidade

O mandatario púxose en coctacto coa cordinadora do ambulatorio despois de ter recibido varias queixas de veciñas que informaban da situación. “Estamos ante unha situación moi preocupante, como integrante do equipo de atención primaria, a matrona é a/o profesional referente para atención á saúde materno infantil, sexual e reprodutiva da muller en atención primaria”, afirma Carril.


Publicidade

Desde o Servizo Galego de Saúde manifestan que non hai profesionais nas listas para cubrir esta praza. “Solicitámoslle ao Sergas que coa máxima celeridade, substituan á profesional porque non é solución para nós que as nosas veciñas teñán que desprazarse ao centro médico de Melide para ser asistidas”, resalta o rexedor.

O Concello de Antas de Ulla entregou o sábado pola tarde os premios do Concurso de Poesía de Nadal.


Publicidade


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page