Ecos da Comarca/Xeral
A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) mobilizou hoxe, a través do 112 Galicia e a petición da Garda Civil, a Unidade de Drons, para incorporarse ao operativo de búsqueda dun home que permanece en paradeiro descoñecido desde a mañá do pasado domingo, no lugar de O Manxadoiro, na parroquia de Carballo (Friol).

O equipo de drons da AXEGA sumouse así ao operativo para dar con este veciño, que coordina a Garda Civil e no que tamén interveñen os efectivos do GES de Friol-Palas e os voluntarios de Protección Civil de Friol, Lugo e Palas de Rei.
O 112 Galicia recibiu a alerta da desaparición do octoxenario durante a noite do domingo, a través da Garda Civil.
Comments