top of page

O galego suma voces: éxito de participación no curso AcolleGalego de Arzúa

Desenvólvese nas instalacións da aula CeMIT de Arzúa e contou cunha alta participación


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa vén de poñer en marcha esta semana o curso de introdución á lingua e á cultura galegas, unha iniciativa enmarcada no programa AcolleGalego, co obxectivo de achegar a lingua galega a persoas procedentes doutras comunidades lingüísticas. O curso desenvólvese nas instalacións da aula CeMIT de Arzúa e contou cunha alta participación, o que demostra o interese crecente pola aprendizaxe do galego como ferramenta de integración, convivencia e enriquecemento persoal.

ree

As sesións inclúen contidos básicos de lingua, expresión oral e escrita, así como unha introdución á cultura galega, cun enfoque didáctico, práctico e accesible para todas as persoas participantes.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A concelleira de Normalización Lingüística, Lucía López, destacou que “os bos datos de participación neste curso son unha mostra de que existe interese por coñecer o galego cando se crean espazos accesibles e próximos. Galiza ten unha lingua propia, unha realidade moitas veces descoñecida para quen chega ao noso país. Se queremos integrar de verdade, cómpre ensinar o galego e implicar ás persoas que veñen doutras comunidades lingüísticas no seu coñecemento e uso cotián, porque é un dereito e tamén unha responsabilidade compartida, xa que só deste xeito poderán participar plenamente da nosa cultura e da vida do país que as acolle. O galego é lingua de acollemento, porque nos une e nos fai sentir parte dun mesmo pobo. Agardamos que moitas máis persoas se acollan ao galego.”


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con esta proposta, o Concello de Arzúa reafirma o seu compromiso coa promoción da lingua galega e coa integración sociocultural a través de proxectos formativos inclusivos e participativos.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page