top of page

O Freire: unha empresa de autocares creada en 1911

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Levaba 75 anos facendo a ruta entre Lugo e Compostela ata o pasado mes de decembro


Laura Moure

Fonte: Empresa Freire


Os autocares da empresa Freire xa podían facer cos ollos pechados o recorrido entre Lugo e Santiago. Levaban 75 anos inenterrompidos realizando este traxecto: levando á xente a facer os recados das aldeas aos seus pobos, aos vendedores con verduras ou mesmo con capóns e galiñas, como os da zona de Boente que ían ás feiras de Compostela, e moitos e moitos universitarios que cada fin de semana voltaban as súas casas cargados coas súas maletas.


Sen embargo, xa non fai esta ruta despois de tanto tempo. Foi a finais do pasado mes de decembro cando unha unión temporal de empresas (UTE) composta por los grupos Alsa e Monbus fíxose cargo da concesión desta liña regular que enlaza ambas cidades.


Cabe mencionar que a empresa Freire arrancou a súa actividade no 1911 polo que leva ás súas costas cantidades de viaxes e milleiros de viaxeiros e por suposto, quedará como ese escenario de moitos momentos e lembranzas para moitas xeracións.

 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page