top of page

O Festival Sons de Reis pechará a visita dos Reis Magos ao Concello do Pino este luns, 5 de xaneiro

Os DJs David Expósito, Compota e ToniSalvaje, acompañados polo grupo Nueva Fuerza, encherán de música a carpa climatizada xunto a Casa da Cultura


Laura Moure/O Pino

Este luns, 5 de xaneiro, o Concello do Pino acollerá unha das xornadas máis esperadas do Nadal coa tradicional visita dos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán as parroquias do municipio e culminarán a súa visita coa recepción oficial no polideportivo municipal de Reboredo, ás 19:30 horas. Este día tan especial completarase co Festival Sons de Reis, no que tres DJs e o grupo Nueva Fuerza, animarán á veciñanza a

gozar da música dende ás 20.30 horas ata a madrugada.

ree

“Queremos que persoas de todas as idades poidan gozar dun día tan especial como é a

véspera de Reis”, asegura o concelleiro de Deportes e Xuventude Borja Castro. “Se a cativada vai estar especialmente motivada coa visita polas parroquias de Melchor, Gaspar

e Baltasar, cremos que a mocidade terá tamén o seu momento con este festival”, engade.

O obxectivo é que toda a familia poida participar no festival unha vez que remate a visita

dos Reis Magos ao polideportivo de Reboredo. Na carpa climatizada situada entre a casa da cultura e o centro médico, nesta segunda edición do Festival Sons de Reis actuará o DJ

Compota (20:30 horas), o grupo Nueva Fuerza (22:00 horas) e o pinchadiscos David

Expósito (24:00). Despois dun segundo pase do grupo Nueva Fuerza (1:30 horas) o veciño

do Pino DJ ToniSalvaje (3:00 horas) será o encargado de poñerlle o broche de ouro a este

Festival Sons de Reis, que rematará sobre ás 4:30 da madrugada.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A música disco e latina amenizará unha noite moi especial, “para que persoas de todas as

idades e familias gocen mentres agardan que os Reis Magos deixen os agasallos nas súas

casas”, indica Borja Castro.


Os Reis Magos polas parroquias

O Pino encherase de maxia dende primeira hora da mañá deste luns, 5 de xaneiro, cando os tres Reis Magos comecen o seu tradicional percorrido polas parroquias do municipio.

Está previsto que a comitiva das Súas Maxestades chegue ás 10:45 horas ao campo de

festas de Pereira. Logo continuará o seu percorrido habitual por Santiso (Castrofeito),

Gonzar, Medín, Pastor, San Breixo e o resto das parroquias do municipio. Este amplo

itinerario está pensado para que nenos e nenas de todas as parroquias saúden aos Reis,

conversen con eles e lles entreguen as súas cartas. O percorrido rematará ás 18:30 horas

no campo de festas de Cebreiro, asegurando que toda a veciñanza teña a oportunidade de participar.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A partir das 19:30 horas, a atención trasladarase ao polideportivo municipal de Reboredo,

onde terá lugar a recepción oficial. Este acto contará cunha completa programación que

inclúe animación e inchables para os máis pequenos (xa dende ás 17:30 horas) e a entrega de premios do Concurso de Postais e do II Concurso de Decoración do Nadal.


Ademais, todas as persoas asistentes poderán gozar dun ambiente acolledor con chocolate quente, churros e roscón, que se ofrecerán de forma gratuíta para celebrar a ocasión. Unha vez que Melchor, Gaspar e Baltasar abandonen o pavillón comezará a segunda edición do Festival Sons de Reis.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page