top of page

O Festival da Luz celebrarase o 25, 26 e 27 de agosto en Boimorto e desvela gran parte dos artistas

Fixo entrega hoxe da recadación solidaria do ano pasado, 83.704 euros, á Federación Alzheimer Galicia (Fagal)


Laura Moure/Boimorto

O Festival da Luz celebrarase este ano os días 25, 26 e 27 de agosto en Boimorto e contará con importantes novidades no seu formato, como a incorporación dunha área destinada ao circo. O evento conta co apoio da Deputación da Coruña, que que instala cada ano no recinto o seu Mercado de promoción de produtos locais.

O portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, asisitiu hoxe na Fundación Paideia da Coruña á presentación do Festival de La Luz 2023, un acto no que tamén se entregou a recadación solidaria do ano pasado (83.704 euros) á Federación Alzheimer Galicia (Fagal), que agrupa a 15 entidades destinadas a apoiar aos enfermos de Alzheimer e ás súas familias.


Bernardo Fernández destacou que o Festival mestura "cultura, solidariedade e aposta polo rural" e sostivo que a Deputación reforzará este ano a súa colaboración cun evento "que xa é unha referencia na nosa provincia".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O Festival volverá a contar co Mercado da Deputación, no que participarán de novo máis de 40 produtores locais do eido da alimentación a artesanía ou a innovación. No cartel musical desta nova edición destaca a presenza de Luar na Lubre, Lady Banana, Volvoreta, Ona Mafalda, Ramoncín, Mr Fishman, Rayden ou Herediros da Crus, entre outros que se poden ver na seguinte imaxe:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page