top of page

O Festival Agrocuir e o Festival de la Luz, nomeados nos Premios da Industria Musical de Galicia

Laura Moure/Xeral

Os Premios da Industria Musical de Galicia veñen de anunciar as iniciativas e persoas nomeadas na súa primeira edición. O proxecto, impulsado pola Asociación Galega de Empresas Musicais, AGEM, conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e da Deputación da Coruña. Un xurado profesional integrado Anxela Baltar, música, produtora e comunicadora; Cecilia Carballido, produtora cultural; María Baqueiro, consultora de sustentabilidade; Noel Miguélez, divulgador musical; os xornalistas musicais Tito Lesende e Javier Becerra; e Fundación Paideia seleccionou un total de 42 proxectos finalistas, 3 por cada unha das 14 categorías xerais contempladas nos premios. Ademais, a Xunta Directiva de AGEM seleccionará ás persoas gañadoras en outras dúas categorías: artista do ano e persoa do ano, mentres que o público poderá elixir, por votación popular, o premio da excelencia na experiencia do público.


Os proxectos, iniciativas e profesionais nomeados e nomeadas nas diferentes categorías son:

      Mellor deseño de iluminación:

o   Laura Iturralde e José Faro “Coti”, de Nononon.lab, por Síntese horizonte, de Guadi Galego.

o   Teresa Tresandí, por DILUVIO, de Tanxugueiras.

o   José Faro e As Dúas e Punto, de Nononon.lab, por A RONDA, de Mondra.


Mellor implementación de son:

o   Iago Blanco, por La máquina del buen rollo, de The Rapants.

o   Rubén Montes, por La boca del lobo, de Carlos Ares.

o   Sara Martínez, por Uxía Lambona e a Banda Molona.


Mellor empresa provedora de servizos:

o   Escena Sonora.

o   Luxevan.

o   Vacaline.


Mellor profesional de produción:

o   Paco Iglesias.

o   Victoria Blanco.

o   Xabi Carnota.


Mellor manager:

o   Aitana Cuétara.

o   Kin Martínez.

o   Manuel Tarrío.


Mellor produción discográfica:

o   Iago Picó, por Pouland Studios.

o   Juan de Dios, por Feira, de De Ninghures.

o   Hevi, no Laboratorio Soyuz, por DE RONDA, de Mondra.

ree

Mellor posta en escena:

o   Mondra e Daniel Rodríguez, por A RONDA.

o   Marina Oural e Ugia Pedreira, da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento, por Síntese horizonte, de Guadi Galego.

o   Tanxugueiras, por DILUVIO.


Mellor promotor/a-programador/a:

o   David Pedrouzo, de Todo Medre.

o   Iván Arias, de WORK ON SUNDAY.

o   Julio Gómez e Luis Campos, de Sinsalaudio.


Mellor proxecto de comunicación:

o   Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Rafael Alberti da Coruña, por Aquí tamén se fala.

o   The Office Comunicación, polo Atlantic Pride.

o   Bring the Noise, polo Resurrection Fest Estrella Galicia.


Mellor identidade visual:

o   Zeltia Iglesias, Sofía Taboada, Daniel Rodríguez, Adriana Lado e María Ferradas por DE RONDA, de Mondra.

o   Adrián Canoura, Carlota Pereiro e Alejandro Guillán por Barullo, de Baiuca.

o   Lara Caeiro, Sandra Montero, Noemí Solla, Kika V Ramil, Arantxa Brandón e Fillas de Cassandra por Hibernarse, de Fillas de Cassandra.


Mellor videoclip:

o   Lorenzo Negueruela, Melania Freire e Lara Caeiro, por En fin, que máis dá, de De Ninghures.

o   Santi Iglesias, Sergio “Steel” e Fillas de Cassandra, por Hibernarse, de Fillas de Cassandra.

o   Xaime Miranda, por Ontes fun moi malo, de Grande Amore.


Mellor evento cultural / musical:

o   Noites do Porto.

o   Surfing the Lérez.

o   WOS Festival x SON Estrella Galicia.


Mellor espazo musical:

o   Sala Capitol.

o   Náutico de San Vicente.

o   Café Torgal.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Mellor proxecto de sustentabilidade:

o   Festival Agrocuir da Ulloa.

o   Festival de la Luz.

o   Festival Sinsal SON Estrella Galicia.

 

SOBRE OS I PREMIOS DA INDUSTRIA MUSICAL DE GALICIA

Os Premios da Industria Musical de Galicia nacen da man da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), entidade que defende os intereses profesionais das entidades galegas ligadas á xestión cultural e aos espectáculos vinculados á música ao vivo. Esta primeira edición dos premios pretende visibilizar e poñer en valor aquelas traxectorias, proxectos e iniciativas no eido musical que destacan polo seu compromiso coa creatividade, a innovación, o respecto e a sustentabilidade. En definitiva, exemplos a seguir no sector profesional galego.


En palabras da presidenta de AGEM, Patricia Hermida, “a música galega vive un momento de madurez e diversidade extraordinarias. Os I Premios da Industria Musical de Galicia nacen para celebralo, para agradecer o talento e o compromiso de quen fai posible o seu crecemento, e para recoñecer o valor das persoas e proxectos que converten a nosa industria nun verdadeiro motor cultural e humano para Galicia”.


Deste xeito, os I Premios da Industria Musical de Galicia, promovidos por AGEM co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e da Deputación da Coruña, pretenden ser unha ferramenta para dar visibilidade ao talento galego e fortalecer a industria musical como motor cultural, social e económico. Con esta iniciativa, AGEM reafirma o seu compromiso de traballar colectivamente por un sector máis profesional, recoñecido e sostible.


Os premios nacen no marco do Plan Estratéxico da Industria Musical de Galicia, asinado por AGEM co impulso da Xunta de Galicia. Un xurado independente formado por profesionais expertos en xornalismo musical, divulgación, produción, creación artística, sustentabilidade e emprendemento cultural foi o encargado de propoñer as candidaturas e seleccionar ás finalistas, así como de outorgar os premios nas diferentes categorías. A súa misión é a de destacar aquelas persoas, empresas e proxectos que contribúen ao avance colectivo do sector e que representan boas prácticas dentro da industria musical galega.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Os I Premios da Industria Musical de Galicia impulsados por AGEM premiarán un total de 17 categorías. Delas, 14 serán outorgadas polo xurado profesional: deseño de iluminación, implementación de son, provedor de servizos, profesional de produción, manager, produción discográfica, posta en escena, promotor/a-programador/a, proxecto de comunicación, identidade visual, videoclip, evento cultural/musical, espazo musical e proxecto de sustentabilidade. Ademais, a Xunta Directiva de AGEM seleccionará outras dúas categorías: artista do ano e persoa do ano. Finalmente, haberá un premio por votación popular: o da excelencia na experiencia do público. As votacións abriranse proximamente a través das redes sociais e da web de AGEM.


A noite do xoves, 27 de novembro, na Sala Capitol de Santiago de Compostela, celebrarase un encontro sectorial no que se darán a coñecer os gañadores e se entregarán os galardóns desta primeira edición do Premios da Industria Musical de Galicia, nun formato próximo, pensado para favorecer a cooperación e a convivencia entre os diferentes axentes da industria musical galega.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page