O envorco dun coche deixou unha persoa falecida en Cerceda
- ecosdacomarca

- 13 sept 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un accidente de tráfico na parroquia de Rodís, en Cerceda, deixou esta mañá unha persoa falecida, tal e como informa o 112 Galicia.

O único vehículo implicado acabou envorcado no quilómetro 19 da AC-413, e os particulares que chamaron ao 112 Galicia minutos antes das 13 horas sinalaron que a persoa que viaxaba no interior podía estar atrapada.
Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ordes, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil de Cerceda.
Publicidade
Ata o punto tamén se desprazou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, de Urxencias Sanitarias.
Finalmente comprobouse que o implicado estaba liberado e accesible, mais nada se puido facer pola súa vida.







Comentarios