top of page

O Enreguéifate aterra por primeira vez en Arzúa: versos de outro universo para revitalizar a lingua

Ademais de Arzúa, os concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo impulsan o proxecto Enreguéifate, un referente na divulgación da improvisación oral


Laura Moure/Arzúa

Arzúa súmase nesta novena edición ao proxecto Enreguéifate, con seis obradoiros de formación que están a ter lugar a partir de onte mesmo en dous centros escolares da comarca e que convidan a explorar a improvisación oral en verso –a regueifa– como ferramenta para promover o uso do galego entre a xente máis nova. O IES de Arzúa, que inaugurou onte mesmo as actividades formativas, e mais o CPR Plurilingüe Nosa Señora do Rosario, ao que chegarán a comezos de febreiro, son os dous centros escolares arzuáns beneficiarios dos obradoiros do Enreguéifate nesta novena edición.

O Concello organiza oito sesións nos centros educativos do municipio para achegar a improvisación oral e a tradición da regueifa á mocidade. En concreto, hoxe pon en marcha mañá tres dos oito obradoiros de regueifa que se desenvolverán nas vindeiras semanas nos centros educativos do municipio. A iniciativa, impulsada a través do Servizo de Normalización Lingüística, enmárcase no programa Enreguéifate, centrado na difusión da regueifa e da improvisación oral en galego entre a xente nova.


As actividades teñen como obxectivo achegar á rapazada a tradición oral da regueifa e a creación de versos improvisados, fomentando ao mesmo tempo o uso da lingua galega dun xeito creativo, participativo e ligado á expresión artística. A través do xogo coa rima, o enxeño e a oralidade, o alumnado poderá descubrir e practicar unha das expresións máis singulares da cultura popular galega.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA


En total, desenvolveranse oito obradoiros os días 30 de xaneiro, 3 e 6 de febreiro, dirixidos ao alumnado de ESO e de Primaria dos centros educativos IES de Arzúa e CPR Nosa Señora do Rosario.


Con esta proposta, o Concello de Arzúa continúa a impulsar accións que combinan lingua, creatividade e tradición oral, ofrecéndolle á mocidade espazos para expresarse en galego desde unha perspectiva lúdica e actual.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Entre novembro de 2025 e febreiro de 2026, están a ter lugar máis dun cento de sesións dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de primaria e da ESO de preto de cincuenta centros educativos dos seis concellos impulsores do proxecto: Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo. Encontros que procuran espertar na mocidade a curiosidade polos xéneros da improvisación oral en galego da man de referentes e profesionais da materia como Lupe Blanco, Josinho da Teixeira, Nuria das Cruces, O Rabelo, Xairo de Herbón, Cristian de Burela e Manuele Pardo.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O Enreguéifate continúa a ampliar a súa comunidade, a sumar apoios e a erixirse como referente imprescindible para coñecer e divulgar a improvisación oral en galego a través da creatividade e a retranca. Baixo o lema versos doutro universo, esta novena edición procura salientar o carácter expansivo, integrador e inclusivo da regueifa, como así o demostra a recente adhesión do concello de Arzúa a este proxecto que augura seguir medrando e expandindo o amor pola lingua, a poesía, a oralidade e o enxeño.


O Enreguéifate convida a participar no seu certame de regueifas en vídeo. Toda a información: https://enregueifate.gal/

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page