top of page

O empresario Ramón Cuiña pechará a candidatura de Compromiso por Lalín para os vindeiros comicios

Ecos da Comarca/Lalín

O empresario lalinense Ramón Cuiña ocupará o número 21 da lista de Compromiso por Lalín para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.

Ocupará deste xeito un posto cunha enorme carga simbólica, política e social, pechando a candidatura e significando así a súa implicación no proxecto para Lalín de Rafael Cuiña, ademais súa vontade de servir á cidadanía e ao seu pobo máis alá de protagonismos individuais.

"Ramón Cuiña é un dos máis importantes empresarios de Lalín e de Galicia, actividade na que preside a compañía Metaldeza, adicada á enxeñería do aceiro e presente en numerosos países do mundo. Destaca por ser un home de consensos e diálogo, que non se presenta contra ninguén, pero que segue apoiando o proxecto de Compromiso por Lalín como inequívoco apoio ao seu cabeza de lista, Rafael Cuiña".

Precisamente, o candidato de Compromiso por Lalín á Alcaldía agradeceulle este mércores de maneira especial “o gran esforzo que fai volvendo sumarse de maneira explícita a este proxecto político”. “Para min é a persoa que máis me lembra ao meu pai, Xosé Cuiña”, salienta Rafael Cuiña.


Por este motivo, considera que a presenza e a compañía de Ramón Cuiña formando parte da lista de Compromiso vai ser fundamental durante esta campaña.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page