top of page

O edil Pablo Losada acada un acordo co goberno de Monterroso para apoiar os orzamentos de 2026

O concelleiro non adscrito votará a favor a cambio de incluír unha partida de 100.000

euros para a compra de terreos para a construción dunha residencia da terceira


Ecos da Comarca/Monterroso

O concelleiro non adscrito Pablo Losada vén de acadar un acordo co equipo de Goberno da Corporación Municipal de Monterroso para apoiar a proposta de Orzamentos do ano 2026, que o Grupo Municipal do PP someterá a Pleno hoxe, xoves día 4 de decembro.

Pablo Losada defende que “nunha Corporación tan fragmentada con 5 Grupos políticos e 2 concelleiros non adscritos, considero que, como integrante da oposición, teño a obriga de contribuír a conseguir un Monterroso mellor, sen obstaculizar a labor de goberno, que levaría unicamente a unha parálise do municipio”.

ree

“Co meu apoio, pretendo que Monterroso teña unha residencia da terceira idade, e que os meus veciños e veciñas poidan rematar a súa etapa vital nun entorno social coñecido e recoñecible para eles. Síntome orgulloso de conseguir unha achega de 100.000 € para este fin, froito de moito diálogo e poñendo sempre a Monterroso por diante de calquera ideoloxía ou interese particular. Pero ademais, o Orzamento inclúe outras partidas das que eu son firme defensor, como a reforma da Cúpula, a reforma das vivendas comunitarias, a mellora do campo de fútbol, ou as subvencións a asociación culturais, deportivas, etc. Se se conseguen aprobar, sempre recordarei con agarimo a miña humilde contribución a facer de Monterroso unha vila con máis e mellores servizos sociais”, precisa.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Pola súa banda, o alcalde, Eloy Pérez, destaca que “este acordo exemplifica que, incluso nunha Corporación plural e diversa, é posible chegar a entendementos cando se actúa con responsabilidade e pensando exclusivamente no interese xeral. Agradezo ao concelleiro Pablo Losada a súa disposición ao diálogo e á colaboración, o que permite avanzar nun proxecto de Orzamentos sólido, realista e orientado a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas.


“Incorporar unha partida para a futura residencia da terceira idade é un paso importante para atender unha demanda social de primeiro nivel, e representa un compromiso compartido con Monterroso. Así mesmo, celebro que coincidamos na necesidade de impulsar outras actuacións recollidas no Orzamento, como a reforma da Cúpula, a mellora das vivendas comunitarias, o acondicionamento do campo de fútbol e o apoio ao tecido asociativo. Estes investimentos reforzan o noso obxectivo común de construír un Monterroso máis dinámico, máis inclusivo e con máis servizos públicos de calidade”.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

“Confío en que este espírito de colaboración continúe presente ao longo do mandato, porque só sumando esforzos conseguiremos avanzar como municipio e responder ás necesidades reais da cidadanía”, conclúe.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page