top of page

O día 17 chega a Arzúa un obradoiro dirixido a traballadoras do ámbito dos coidados e do fogar

3 abr 2023
1 min de lectura

É gratuíto, pero é necesario inscribirse porque hai prazas limitadas


Laura Moure/Arzúa

Co gallo da conmemoración do Día da Muller, desde a área de igualdade da Deputación da Coruña, impúlsase unha campaña de sensibilización, visibilización e denuncia da vulneración dos dereitos das mulleres no ámbito laboral e que leva por título“É por ser muller. Loitemos por unha igualdade real”, que tamén chegará ao concello de Arzúa.

Unha da liña de actividades desta campaña ten como obxectivo crear espazos de formación centrados nos dereitos laborais das traballadoras do ámbito dos coidados. Así, ponse en marcha un circuíto de obradoiros por diferentes comarcas da provincia durante os meses de marzo e abril.


“Feminismos, traballo e vida. Dereito ao coidado, coidados con dereitos”

Estes obradoiros terán lugar en Arzúa, Betanzos, Cabanas, Cambre, Carballo, Oroso e Zas.

O Concello de Arzúa forma parte deste circuíto promovendo un obradoiro de dúas horas dirixido a traballadoras do ámbito dos coidados e do fogar. O gran obxectivo é formarse sobre os dereitos laborais deste ámbito, poñendo énfase nas últimas novidades lexislativas; así como tamén fomentar a reflexión sobre os coidados, fundamentais para soster as vidas.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Esta formación terá lugar o luns 17 de abril de 16:30 a 18:30 na Capela de Madalena. A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse neste formulario, no Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa (Rúa Santiago, 2) ou chamando ao 981 501 101. As prazas son limitadas.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Podedes seguir a información da campaña na web premendo aquí e nas redes empregando o cancelo #ÉporserMuller.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page