top of page

O director da Axencia Galega da Industria Forestal visita en Cruces Industrias Guerra e Hitraf

Laura Moure/Vila de Cruces

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, lembrou hoxe que aínda se poden solicitar ata o 20 de marzo as axudas da Xunta para investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais.


Fernández Ríos visitou este mércores en Vila de Cruces dúas empresas de referencia na fabricación e comercialización de maquinaria forestal, Industrias Guerra e Hitraf, onde sinalou que a liña de apoios da Xera, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), conta cunha dotación orzamentaria de 11 millóns de euros para o período 2026-2027.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Industrias Guerra é a principal empresa española especializada no deseño e fabricación de grúas hidráulicas forestais, remolques de tracción e cabezais, que son a base para a montaxe de procesadoras forestais completas. A firma conta con catro plantas en Galicia, así como unha filial en Portugal e dúas sedes en Arxentina.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Hitraf, no seu caso, dedícase á venda e reparación de maquinaria agrícola e forestal, especializándose na comercialización de tractores para aplicacións forestais e na distribución de equipos especializados para aumentar a seguridade nas operacións en terreos de alta pendente.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page