top of page

O coordinador da unidade técnica de toponimia da Real Academia Galega dará unha charla en Antas

Será o 6 de setembro


Ecos da Comarca/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla convida á veciñanza a esta charla impartida polo coordinador da unidade técnica de toponimia da Real Academia Galega, Vicente Feijoo. Será ás 19:30 deste venres, día 6 de setembro, na antiga Casa Cuartel. Participarán tamén a alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, e a investigadora e docente Andrea Santiso, autora de Toponimia de Antas de Ulla.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Na charla, as persoas asistentes aprenderán sobre como participar na recuperación dos nosos topónimos a través da aplicación Galicia Nomeada.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta aplicación permite á veciñanza de calquera lugar de Galicia rexistrar e xeorreferenciar cun teléfono móbil nomes de leiras, montes, camiños e outros microtopónimos tradicionais que corren o risco de se perder. Tamén permite, entre outras funcións, subir imaxes e arquivos de son coa fonética ou con lendas asociadas.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page