O Concello do Pino incrementa a contía dos premios no II Concurso de Decoración de Nadal
- Laura Moure

- hace 16 horas
- 2 Min. de lectura
As inscricións poderán formalizarse do 5 ao 19 de decembro presentando por rexistro ou sede electrónica o formulario e tres fotos
Laura Moure/O Pino
O Concello do Pino convoca a segunda edición do Concurso de Decoración de Nadal, unha iniciativa que busca dinamizar a participación cidadá, fomentar a cooperación e o traballo en común, e encher o municipio de espírito festivo e creatividade. A principal novidade desta edición é o incremento da contía dos premios, que pasan dos 300, 200 e 100 euros da anterior convocatoria aos 350, 250 e 150 euros para o primeiro, segundo e terceiro posto en cada categoría.

O certame está aberto tanto a particulares como a colectivos, establecéndose dúas
categorías de participación:
Familiar, dirixida a toda a veciñanza para que se anime a realizar a súa montaxe en balcóns, xanelas, portas, fachadas ou xardíns exteriores das vivendas.
Colectiva, na que poderán participar asociacións, comercios, empresas ou grupos
veciñais que decoren tanto os seus escaparates como espazos públicos ou comúns,
como rúas, prazas, parques ou áreas de lecer.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse entre o 5 e o 19 de decembro de
2025, no Rexistro municipal ou a través da sede electrónica do Concello
( https://opino.sedelectronica.gal ). Para formalizar a participación será necesario cubrir o
formulario dispoñible na web municipal e achegar tres fotografías da decoración
presentada.
Publicidade
Os elementos decorativos deberán permanecer expostos entre o 19 de decembro e o 8 de xaneiro, ámbolos días incluídos, e deberán reflectir a temática propia do Nadal. O xurado
valorará aspectos como o deseño, a orixinalidade, a iluminación, o uso de materiais
reciclables, o fomento dos valores locais e o contido educativo das propostas.
O concurso repartirá este ano un total de 1.400 euros en premios. Tanto na modalidade familiar como na colectiva outorgaranse tres galardóns de 350, 250 e 150 euros. Os
premios entregaranse durante a festa de Reis que se desenvolverá o 5 de xaneiro de 2026
no pavillón municipal de Reboredo.







Comentarios