top of page

O Concello do Pino alerta dunha posible estafa na venta de enciclopedias

18 may 2021
1 min de lectura

Recalca que a administración local non está colaborando con ningunha empresa para vender estes libros

O Consistorio do Pino.

Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino recoméndalle á veciñanza que teña coidado ante as visitas ou chamadas de persoas que están a vender enciclopedias, indicando que contan coa colaboración do Concello. "Esta actuación podería tratarse dunha estafa. O Concello de O Pino non está colaborar con ningunha empresa de venda de enciclopedias", apunta o Concello.


O equipo de goberno sinala que varias persoas chamaron ás oficinas municipais para advertir desta situación "polo que pedimos a toda á veciñanza que extreme as precaucións diante deste tipo de actuacións", incide.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page