top of page

O Concello do Pino abre o prazo de inscrición para a Escola de Verán 2026

A iniciativa desenvolverase entre o 22 de xuño e o 8 de setembro nas instalacións do Pavillón Municipal e do CPI Camiño de Santiago, en Arca


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino abre o prazo de inscrición da actividade Escola de Verán 2026, unha iniciativa impulsada pola Concellería de Muller e Benestar Social co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante o período estival. O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e desenvolverase desde o 22 de xuño ata o 8 de setembro, coincidindo co calendario escolar do curso 2026/2027. As actividades levaranse a cabo nas instalacións do Pavillón Municipal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago, na localidade de Arca (O Pedrouzo).

A Escola de Verán estrutúrase en diferentes quendas, de luns a venres, en horario de 8:00 a 15:00 horas. As quendas serán as seguintes:

• Xuño: do 22 ao 30

• Primeira quenda: do 1 ao 15 de xullo

• Segunda quenda: do 16 ao 31 de xullo

• Terceira quenda: do 1 ao 15 de agosto

• Cuarta quenda: do 16 ao 31 de agosto

• Setembro: do 1 ao 8


O programa ofertará un total de 105 prazas no mes de xullo, 86 no mes de agosto e 70 nas

quendas de xuño e setembro. Para que a actividade se leve a cabo será necesario contar cun mínimo de dez solicitudes.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

No caso de que a demanda supere o número de prazas dispoñibles, estableceranse criterios de prioridade, entre os que se atopan o empadroamento no Concello do Pino, a situación laboral activa ou de busca de emprego dos proxenitores, a escolarización en centros educativos do municipio e a renda per cápita familiar. Tamén se dará prioridade a colectivos como familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero, persoas con discapacidade ou familias en situación de vulnerabilidade social.


Inscricións ata o 17 de xuño

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o 17 de xuño de 2026. A

documentación poderá recollerse nas dependencias municipais en horario de 9:00 a 14:00

horas ou descargarse directamente desde a web municipal do Concello do Pino.


Os prezos establecidos serán de 30 euros por quincena e 60 euros o mes completo nas

quendas de xullo e agosto. No caso das quendas de xuño e setembro, o custe será de 15

euros. Ademais, as familias numerosas contarán cun desconto do 20 % a partir do segundo fillo inscrito.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O pagamento deberá realizarse antes do 17 de xuño na conta habilitada polo Concello

(ABANCA) ES70 2080 0337 1131 1000 0078) e o xustificante deberá entregarse xunto coa

solicitude, preferentemente a través da sede electrónica municipal.


A listaxe de persoas admitidas publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do

Concello do Pino. As solicitudes que non obteñan praza pasarán automaticamente a formar

parte dunha lista de agarda. O Concello do Pino continúa apostando por iniciativas que faciliten a conciliación das familias e ofrezan aos nenos e nenas do municipio un verán activo, educativo e cheo de experiencias compartidas.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page