top of page

O Concello do Pino abre a inscrición do programa Lecer Nadal 2022 dirixido a cativos de 3 a 12 anos

Dispón de 50 prazas e desenvolverase, de luns a venres, entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino vén de abrir o prazo de solicitudes para participar no programa de conciliación Lecer Nadal 2022, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos do municipio. Deste xeito, o Concello quere cubrir as necesidades de conciliación das familias con crianza durante as vacacións escolares de Nadal. O Lecer Nadal desenvolverase, de luns a venres, entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro (agás os festivos) no pavillón municipal e os exteriores do CPI Camiño de Santiago, en horario de 8:30 a 14:30 horas.


Precio

En concreto, o servizo prestarase de luns a venres os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro. En total son 10 días de actividade e o prezo do programa é de 20 euros, ao que se lle aplicarán descontos por familia numerosa.

ree

Documentación

O Lecer Nadal 2022 conta cun total de 50 prazas. Para que se poida levar a cabo requirirase un número mínimo de solicitudes. No caso de que haxa máis peticións que prazas ofertadas, atenderase aos seguintes criterios para valorar a admisión: empadroamento do/a menor no Pino (cun mínimo de 3 meses de antigüidade), criterio técnico dos Servizos Sociais, familias monoparentais, escolarización no Concello; que o pai, nai ou titor traballe no termo municipal e menores que desfruten das vacacións no Pino.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

As familias interesadas en participar no programa deberán cubrir a ficha de inscrición que está dispoñible nas oficinas municipais (de 9.00 a 14.00 horas) ou poden descargala da web municipal neste enlace. A ficha de inscrición deberá ir acompañada da instancia e ambos documentos poderán presentarse ben de forma telemática na sede electrónica do Concello ou ben presencialmente no rexistro municipal (en horario de oficina, de 9.00 a 14.00 horas). A data límite para presentar as solicitudes remata o luns, 19 de decembro.

O pagamento efectuarase unha vez publicada a lista de nenos e nenas admitidos, na conta que o Concello ten en Abanca e que aparece nas bases do programa. O xustificante de pagamento deberá ser remitido ao Concello, presencialmente ou a través da sede electrónica, como data límite o 23 de decembro.


As bases así como poden descargar o formulario de solicitude e a instancia de presentación no seguinte enlace:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page