top of page

O Concello de Vila de Cruces instala un cambiador de bebés no centro de saúde

Ademais avanza na humanización da área de Pediatría e asume outras mellores con fondos propios ante a falta de respostas da Xunta de Galicia


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces vén de instalar un cambiador para bebés no aseo de Pediatría do Centro de Saúde. A instalación deste equipamento responde a unha necesidade detectada desde hai tempo e trasladada en varias ocasións á Xunta de Galicia, Administración competente en materia sanitaria. Xunto co cambiador, o Concello solicitou tamén outras actuacións, como a humanización da sala de espera de Pediatría, a habilitación dunha sala de lactancia, a dotación de novos equipamentos e a reparación das diversas deficiencias que presenta o edificio.

Ante a falta de resposta a estas demandas, o Concello decidiu asumir con fondos propios a adquisición e instalación do cambiador de bebés, co obxecto de ofrecer unha solución inmediata ás familias que acoden a diario ao Centro de Saúde.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Ademais, o Concello continúa traballando na mellora da área de Pediatría. Neste sentido, xa foi encargado a unha carpintería local un moble a medida que permitirá acondicionar a sala de espera e crear un espazo máis acolledor. Igualmente, completarase con xogos e outros elementos pensados para contribuír á humanización dun servizo polo que pasan cada día numerosas crianzas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Cómpre lembrar que todas estas actuacións foron previamente solicitadas á Xunta de Galicia desde o Concello cruceño. Representantes do Sergas visitaron o centro para coñecer de primeira man as necesidades existentes, pero, transcorrido o tempo, non se executou ningunha mellora. Ademais, o equipo de goberno vén de presentar, novamente, un escrito ante a Xunta para denunciar a situación que está a vivir o Centro de Saúde pola falta de cobertura das baixas de longa duración do persoal médico, unha circunstancia que está a repercutir na atención sanitaria que recibe a veciñanza e que tamén afecta ao persoal do centro, sobrecargado dende hai meses.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde o Concello considérase que os cidadáns de Vila de Cruces merecen unha sanidade pública de calidade, con recursos suficientes e unhas instalacións dignas. “Por iso, mentres continuamos reclamando á Xunta que cumpra coas súas competencias, seguiremos impulsando, dentro das posibilidades municipais, aquelas actuacións que permitan mellorar o benestar das familias e ofrecer uns espazos máis cómodos, seguros e acolledores”, segundo conclúe o alcalde, Luís Taboada.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page