top of page

O Concello de Touro programa unha serie de iniciativas para conmemorar o 25 de novembro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Inclúe contacontos, unha sesión do club de lectura feminista, a concentración polo 25N, un obradoiro para a ESO do CPI e cine fórum


Laura Moure/Touro

O Concello de Touro programa unha serie de iniciativas para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O lema deste ano da ONU é Cada 11 minutos asasínase a unha muller no mundo #NoHayExcusa.ÚNETE, para poñer fin á violencia contra as mulleres”. En España, desde que leva rexistros respecto diso (ano 2003), ata o momento mataron 1.284 mulleres, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE). En Galicia, rexistráronse 20 vítimas de violencia de xénero ao día en 2023, un 7,6% máis que en 2022, segundo o Portal do Poder Xudicial. Deste xeito, o Concello únese á conmemoración de tan importante día na loita por unha sociedade libre de violencias machistas e pola igualdade de oportunidades entre

mulleres e homes. Para iso promove unha serie de actividades culturais e educativas ao redor deste temática durante a segunda quincena deste mes para todas as idades.


Arrancará o xoves 21 cun contacontos na biblioteca municipal de 17:30 a 18:30 horas. Leva por título Empacho de amor: Que te queiran menos, pero que che queiran ben (2024) e está dirixido á cativada de Educación Primaria. Ten como finalidade reflexionar sobre os mitos do amor romántico.


O venres 22 terá lugar a segunda sesión do club de lectura feminista, que se celebra na biblioteca municipal os venres alternos de 18:30 a 19:30 horas. O libro para a entregar nesta sesión é o elixido polas participantes en relación a esta temática: Unha presa de terra: Un caso de Ana Candeán (2022). As persoas interesadas aínda se poden anotar no club directamente na biblioteca, ou falando coa axente de igualdade do Concello, chamando ao 981 504 029 ou a través do correo xiomara.lazo@concellodetouro.gal


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O propio día da conmemoración desta data, o luns 25, será a concentración da comunidade educativa, comunidade do Centro Sociocultural, asociacións e do Concello. Terá como escenario o Campo da feira de Fonte Díaz e comezará ás 12 horas. Procederase á lectura do Manifesto institucional do CPI e do Concello por parte do representantes do alumnado e das persoas adultas maiores do Centro Sociocultural. Tamén haberá lecturas de relatos breves, poemas e contos ao redor da igualdade e a loita contra todas as formas de violencia machista. Está aberto á toda a veciñanza.


A programación continuará o xoves 28 con dúas actividades. Por un lado, no CPI Fonte Díaz, a rapazada de Educación Secundaria, poderá desfrutar dun contacontos teatralizado que leva por título Expectativa vr realidade de Trémula Teatro. Será de 11:45 a 12:35 horas.


Por outra banda terá lugar na biblioteca municipal outro contacontos teatralizado en igualdade: Dúas nenas moi valentes tamén de Trémola Teatro. Neste caso, será de 17:30 a 18:30 horas na biblioteca municipal e está dirixido á cativada maior de 3 anos.


Ao día seguinte, o venres 29, desenvolverase un obradoiro para a igualdade e prevención da violencia de xénero, dirixido ao alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria do CPI Fonte Díaz pola Axente de Igualdade do Concello. Será o peche do ciclo de seis sesións, coa última que leva por título Empoderamento, sororidade e fraternidade en Igualdade: as persoas referentes da igualdad entre mulleres e homes na historia.

Por último, o sábado 30 será a queda do Cine forum contra todas as violencias machistas que terá lugar na Casa da Cultura de 17:30 a 19:30 horas. É desexable, pero non imprescindible, facer inscrición previa no Concello para dispoñer dos espazos e mobiliario necesario, por teléfono: 981 504 029, ou á correo electrónico: xiomara.lazo@concellodetouro.gal; ou no seguinte formulario online: https://forms.gle/QAKYas4QLFqrknA69


Esta actividade lévase a cabo en colaboración coa ANPA Santaia e terá lugar unha proxección simultánea para adultos e cativada de películas arredor da igualdade de xénero e a loita contra a violencia de xénero. Ademais, incluirá un convivio final das familias. Sen dúbida, é unha actividade de especial interese para homes e mulleres en xeral coa que se pretende o fomento da corresponsabilidade. Deste xeito, o público adulto poderá ver o filme Akelarre que obtivo cinco premios Goya, e para o público infantil, proxectarase Zootropolis. É unha actividade aberta para calquera persoa interesada no tema.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page