O Concello de Touro pon en marcha o Proxecto Diversidade e Igualdade “Rachando Barreiras”
É un programa preventivo da exclusión social da poboación con diversidade funcional e especial vulnerabilidade
Laura Moure/Touro
O Concello de Touro pon en marcha o proxecto Diversidade e Igualdade Rachando Barreiras. Trátase dun programa de actividades que ten por obxectivo articularse como unha iniciativa de dinamización social do concello. En concreto, consiste na organización de obradoiros impartidos por un monitor para a aprendizaxe e o mantemento da saúde física, psíquica e social.
A posta en marcha desta iniciativa en Touro supón un mecanismo preventivo da exclusión social da poboación con diversidade funcional e de especial vulnerabilidade. Este programa non só busca proporcionar habilidades concretas, senón tamén promover un enfoque inclusivo, respetuoso e centrado na persona. “Queremos que cada participante sinta que a súa voz é escoitada, que as súas metas son importantes e que o seu progreso é o motor do noso traballo. É un proxecto de intervención do Concello de Touro con persoas con diversidade funcional e ten como obxectivo principal o empoderamento, o que implica un cambio máis profundo: trátase de recoñecer e potenciar as capacidades de cada persona, axudándolles a tomar conciencia do seu valor e os seus dereitos. Ao empoderar a os participantes, fomentamos unha actitude proactiva cara os seus propios procesos de desenvolvemento, reforzando a súa seguridade emocional, a súa resiliencia e a súa capacidade para superar barreiras sociais ou persoais”.

Ao mesmo tempo, con esta iniciativa tamén se oferta un respiro familiar a aquelas persoas coidadoras, na súa maioría mulleres, que deste xeito, durante unhas horas á semana teñen unha alternativa de coidados para as persoas que participan no proxecto podendo mellorar a súa propia autoestima.
En defintivia, os obxectivos básicos desta iniciativa son: mellorar a calidade de vida a través do empoderamento; conseguir a integración social; traballar o desenvolvemento físico, social e afectivo desta poboación tan danada pola súa especial vulnerabilidade e ofertar un tempo de respiro a aquelas coidadoras na que recae toda a responsabilidade.
“Touro aposta por un futuro onde todas as personas poidan vivir con dignidade, independencia e confianza e este programa é o noso compromiso coa súa autonomía e empoderamento”, sinala o Concello.
As actividades comezaron este pasado luns, e desenvolveranse de marzo a outubro, os luns e mércores de 10:00 a 13:00 horas.
A programación divídese en cinco grandes bloques:
1.- Inclusión social
2.-Ximnasia ocupacional
3.- Psicomoticidad e traballo manual
4.- Apoio familiar especializado
5.- Autonomía persoal








Comentarios