top of page

O Concello de Touro arranxou o parque infantil instalado ao lado da piscina municipal

18 jul 2021
1 min de lectura

Laura Moure/Touro

O Concello de Touro está acondicionando durante os meses de bo tempo os parques infantís ubicados no municipio, tal e como indica. Concretamente, arranxou o parque infantil instalado ao lado da piscina municipal, na área de servicios do Concello, onde tamén están as pistas de xogo e a Casa de Cultura.


O parque infantil conta con novos columpios, tobogán e balancín. Un equipo de traballadores do Concello de Touro adícase á posta a punto das instalacións de lecer para que veciños e veciñas, grandes e pequenos, poidan utilizalas durante o tempo de verán.


Os traballadores municipais seguirán desenvolvendo o arranxo destes e outros espacios durante os próximos meses

O parque acondionado en Touro.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page