top of page

O Concello de Touro aposta polo talento local para ilustrar o calendario municipal de 2025

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

12 artistas do municipio e as súas obras son os protagonistas do almanaque


Laura Moure/Touro

O Concello de Touro deu a coñecer a semana pasada o calendario 2025 que entregará á veciñanza. Este ano quixo ir máis alá e apostar polo gran talento que hai no municipio. Por esta razón, os protagonistas son veciños e veciñas que destacan polas súas obras en distintos eidos.

Así o mes de xaneiro comeza ca obra Servo de Cernnunos da artista local Mara Gómez de Enquerentes. O mes de febreiro está ilustrado cunha talla de madeira, creación do veciño de Loxo, finado en 2021, Miguel Ignacio. Marzo é o mes da artesanía con vimbio de Javier Suárez de Cornado. Se pasamos a abril podemos aprezar o talento de Sara Naveiro de Loxo a través da súa obra pictórica. En maio os protagonistas son os escudos autonómicos en pedra do veciño de Bentín Mario Mendonça. En xuño a pintura volve a facer acto de presenza coa obra da artista Mónica Suárez de Prevediños. A talla en madeira ilustra tamén xullo, pero neste caso, coa obra de José Ferreiro de Fonte Díaz que faleceu no 2022. Agosto está protagonizado pola obra O gran libro dos nosos mares ilustrado por Blanca Millán de Vilar. Setembro chega co cuadro pictórico que leva por título Autumn Foliage de Sofía Tomasi de Prevediños. Ana Santiso de Loxo e a súa obra Retrato de Touro protagonizan o mes de outubro. A artesanía en madeira de Lago de Quión ilustra

novembro e por último, decembro pecha coa pintura de Lago Costa de Fonte Díaz.


Publicidade  

Artistas e familiares e membros do goberno local presentaron o calendario o pasado día 13 na Casa da Cultura de Touro co fin tamén de coñecerse todos e crear posibles sinerxías.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Este calendario é innovador e o que pretendemos tamén é dar a coñecer o moito talento que temos no noso municipio e facer a estes artistas partícipes desta iniciativa para que dean a coñecer as súas obras á toda veciñanza”, destaca o Concello. Cabe mencionar que na maioría dos casos, a creación está acompañada dunha foto do artista.

10 dos 12 artistas de Touro protagonistas do calendario.
10 dos 12 artistas de Touro protagonistas do calendario.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page