O Concello de Touro achega 17.000 euros para repartir entre os negocios afectados pola Covid-19
- Laura Moure

- 22 may 2021
- 1 min de lectura
Laura Moure/Touro
O Concello de Touro vén de asinar un convenio de colaboración coa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e coa Consellería de Emprego e Igualdade para a concesión das axudas ao sector da hostalaría cuxos negocios quedaron afectados polos peches regulados na normativa ditada polas autoridades sanitarias por causa da Covid-19.
O Concello de Touro fai unha achega de 17.000 euros para repartir entre os establecementos afectados.

O Consistorio de Touro.
Autor: Ecos da Comarca






Comentarios