O Concello de Silleda restaura a estatua homenaxe ao alcalde Juan Salgueiro
- Laura Moure
- 18 ago 2022
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda vén de restaurar a estatua en homenaxe a Juan Salgueiro Montouto, falecido en 2015.

Á vista do deterioro que presentaba a figura, ubicada nun banco na rúa da Capela, dende o Concello optouse pola súa restauración, encargando o traballo á firma local Coas mans artesanía, que ademais de reparar os danos dotou á figura dun novo acabado.

Esta obra foi instalada en marzo de 2016, logo dunha recolecta popular, coincidindo coa homenaxe que se lle rendiu no primeiro aniversario do seu pasamento. Despois de varias xornadas de traballo no obradoiro silledense, a figura que lembra ao que fora alcalde de Silleda, voltou hoxe xa reparada ao seu lugar, ao pé da igrexa parroquial, e nas vésperas da Festa da Empanada, unha das varias celebracións que o propio Salgueiro impulsou no seu día.
Comments